jueves, 18 de febrero de 2016

Refuxiados, Día Mundial da Radio.


Día Mundial da Radio, 2016
Día Mundial da Radio, 2016


Palabra do ano, 2015
Palabra do ano, 2015

Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra "refuxiado", que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,...) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras
A palabra refuxiado no Portal das Palabras





Mapa mental da lectura



TRABALLO DE DOCUMENTACIÓN COLABORATIVO:




O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor "instrumento salvadidas" en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.
"Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre", insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).


PROPOSTA PARA UN DEBATE:



debate1  



 RADIO VIVEIRO S.O.S.





Sesión de diálogo e debate sobre  o salvamento de náufragos 
TESTEMUÑA





"No medio do inferno"


 



"Non hai amor á pobreza"





jueves, 1 de octubre de 2015

Se eu fose un refuxiado sirio... #Aylan Project

Diario de aula


Semana 18


Na aula preguntaronos: ¿Se fosemos un sirio a que país iríamos para refuxiarnos e fuxir da guerra?

Eu escollín ir a Romanía, para chegar ata ali tiven que pasar por Damasco, Ankara, Estambul, Sofía e Bucarest. 
Son as capitais de Siria, Turquía, Bulgaria e Romanía.


Semana 21 - 25

Esta semana na clase tivemos que facer a ruta ata o país o que iriamos en Google Maps.
 


Semana 28 - 1

Traballo con prensa


Escollimos unha noticia que trataba de Siria e dos problemas que tiñan á hora de emigrar do seu pais de orixe, moitos morrian coma Aylan Kurdi, o neno que desgraciadamente non chegou a vivir unha boa vida. 

A miña noticia escollina do periodico dixital "El país"
O titular di así: Avions Rusos bombardean en territorio sirio, o subtitulo dicia, O Senado ruso da luz verde o uso da forza en territorio sirio en apoio do réximen.


A noticia di así: 
A aviación rusa bombardeou este mércores en Siria posicions de grupos insurxentes inimigos do réxime de Bachar el Asad, despois de que a Cámara alta do Parlamento ruso dera pola mañá o seu consentimento para o empleo das forzas armadas no país árabe. O Ministerio de Defensa ruso informou de que os ataques golpearon obxetivos do Estado Islámico (EI). O secretario de Defensa de EE UU, Ashton Carter, señalou que os primeros indicios apuntan a que os bombardeos afectaron “probablemente” a zonas sin presencia del EI. “Este tipo de acciones inflamarían la guerra civil", lamentou.




Semana 5 - 9

Esta semana buscamos as linguas minoritarias de Europa, a min tocoume a lingua Ladina é unha lingua retorrománica falada en Italia, nas rexions Trentino-Alto Adigio y Véneto.